O Concello presenta este venres a Guía de Ocio “Vén a Fene 2019”

Inicio   Fene hoxe  

O concelleiro de Promoción Turística, Juan José Franco, convida á veciñanza a acudir ao acto, que se celebrará no CMIU Unidade de Fene a partir das 19,30 h

O concelleiro de Promoción Turística, Juan José Franco, informou esta mañá de que o Concello presentará mañá venres, 8 de febreiro, a Guía de Ocio “Vén a Fene 2019”. Unha publicación que recolle unha morea de propostas para disfrutar da cidade os 365 días do ano. Razóns que ofrecen tanto o Concello como o movemento asociativo de Fene.


Así, o acto celebrarase no salón de actos do CMIU Unidade de Fene –rúa Porto do Río, nº 21- a partir das 19,30 horas con entrada libre e de balde. Así mesmo, ao remate do mesmo, a Concellería de Promoción Turística repartirá as guías entre o público asistente.