Xunta de Goberno Local

As sesións ordinarias da Xunta de Goberno Local do Concello de Fene terán carácter semanal, celebrándose as sesións os xoves de cada semana ás 08.30 horas en primeira convocatoria e unha hora máis tarde en segunda convocatoria. No suposto de que o día prefixado fose festivo ou inhábil, celebrarase a sesión co mesmo carácter de ordinaria o inmediato hábil anterior.

A Xunta de Goberno Local está presidida polo alcalde

Estas son as atribucións da alcaldía delegadas na Xunta de Goberno Local:

  • Concesión de toda clase de licencias de obra e instalación, as licencias de primeira ocupación, utilización e as licencias de apertura de establecementos e actividades, declaración completa de comunicacións previas e, en xeral, a súa toma en coñecemento.
  • A concesión de autorizacións para a utilización privativa especial de bens de dominio público, agás as relativas a actividades recreativas consistentes en festas e verbenas.
  • A aprobación dos expedientes e adxudicación das contratacións e concesións de toda clase, incluída a adquisición de bens e dereitos cuxa competencia lle atribúe á Alcaldía a normativa vixente a partir dun valor estimado do contrato de 50.000 €, impostos excluídos, así como a modificación, resolución e imposición de penalidades por incumprimentos contractuais nos referidos expedientes de contratación e adquisición.
  • O alleamento de bens e dereitos do patrimonio municipal cuxa competencia lle atribúe á Alcaldía a normativa vixente a partir dun valor estimado do contrato de 50.000 €.
  • A aprobación da oferta de emprego público de cordo co presuposto e a plantilla aprobados polo Pleno, aprobar as bases das probas para a selección do persoal funcionario de carreira e laboral fixo e para os concursos de provisión de postos de traballo.
  • A declaración de situacións administrativas do persoal ó servizo da Corporación.
  • A análise, estudo e posterior acordo ou informe, segundo proceda, dos escritos e comunicacións doutras entidades ou organismos que requiran un acto administrativo resolutorio, de coñecemento ou de informe polo Concello, sen prexuízo de que, por razóns de urxencia, a Alcaldía poida realizar estas actuacións dando conta á Xunta de Goberno Local para o seu coñecemento.
  • Concesión, transmisión ou modificación de licencias de auto-turismo.
  • A concesión de subvencións cando estean sometidas a procedemento de concorrencia competitiva.
  • Recoñecer todas as obrigas e a aprobación de todos os gastos dentro dos límites que competan ó alcalde así como a ordenación do seu paqamento, coa excepción dos que se indican a continuación: as liquidacións por inserción de anuncios en boletíns e diarios oficiais, os gastos imputables ó capítulo 1 (nóminas, seguros sociais, etc), gastos de indemnizacións por asistencias a órganos colexiados dos membros da corporación, gastos de indemnizacións por razón do servizo do personal municipal e órganos de goberno, gastos obxecto de domiciliación bancaria (cotas de xuros e amortizacións da débeda municipal, comisións bancarias e outros gastos financeiros imputables ó capítulo 3, etc), e as facturas relativas a gasto corrente e pago periódico dos conceptos orzamentarios 200, 202, 213, 222, e dos subconceptos 22100, 22101, 22102, 22500, 22501 e 22502.
  • A aprobación inicial dos instrumentos de planeamento de desenvolvemento urbanístico e a aprobación dos instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización.
Descargas