Xunta de delegados

As sesións ordinarias da Xunta de Delegados do Concello de Fene terán lugar o primeiro mércores de cada mes ás 9.00 horas.

A Xunta de delegados é un órgano complementario do Concello de Fene. O Alcalde, actúa como presidente, e os Concelleiro/as responsables das áreas ou Concelleiros/as Delegados, actúan como vocais.

Competencias da Xunta de Delegados

A Xunta de Delegados depende xerarquicamente da Alcaldía, e as súas competencias son as seguintes:

1. Coordinar os traballos dos concelleiros/as responsables de áreas e dos concelleiros/as delegados.
2. Deliberación dos asuntos que se tratarán na Xunta de Goberno Local ou no Pleno.
3. Informar á Alcaldía dos asuntos que fosen obxecto de delegación.

Membros da Xunta de Delegados

Composición:

  • Rocío Aurora Bértoa Puente
  • Juan José Franco
  • Alejandro Jorge Gutiérrez Sánchez
  • Juana Barro Couto
  • José Andrés Serantes Painceiras
  • Ana María Novo Picos
  • Xoán Manuel Rodríguez Bastida 
  • César Daniel Castro García.
Descargas