Novas

18-10-2018 -

Nova oportunidade esta fin de semana para saborear un mar de tapas en Fene

A partir deste venres e ata o vindeiro domingo, veciños e veciñas teñen unha nova oportunidade para disfrutar dun mar de tapas en Fene da man dos trece establecementos hostaleiros que participan no certame gastronómico promovido pola Concellería de Promoción Turística e a Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos O Cruceiro. En horario de 13 a 15 e de 20,30 a 22,30 horas venres e sábado e de mediodía o domingo, como mínimo, Arrecendo, Asociación Veciñal de Magalofes, Café Bar A Ponte, Café Pachamamá, Cafetería Bombay, Cafetería Lembranza, Cafetería Xala, Cervexería Friends, D3, Gastrobar Bicos, Jesy Bar, O Son da Cociña e O Lar de Kike ofrecerán auténticas delicatessem ó prezo único de 1,5 euros.
17-10-2018 -

A unidade móbil de doazón de sangue desprázase a Fene este xoves e venres

A unidade móbil de doazón de sangue desprazarase este xoves e venres a Fene. Permanecerá diante do centro de saúde en horario de tarde –de 15,30 a 21 h- e, dende o Concello, anímase á veciñanza a tomar parte na campaña de doazón.
16-10-2018 -

Doce mulleres de Fene toman parte no obradoiro de informática que impulsan INICE e Concello

I.N.I.C.E., Instituto de Investigacións Científicas e Ecolóxicas, con sede central en Salamanca, en colaboración co Concello de Fene vén de poñer en marcha un novo obradoiro dentro do programa de fomento da igualdade e uso das novas tecnoloxías. Doce mulleres de Fene comezaron no día de onte o taller de informática, nivel avanzado, de 20 horas de duración que se prolongará ata o día 31, na aula de informática do Concello. Un obradoiro subvencionado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.
15-10-2018 -

O Concello aproba rebaixas nos recibos do IBI, lixo e rodaxe e servizos do cemiterio para aliviar a presión fiscal dos veciños

A partir do 1 de xaneiro de 2019, os veciños e veciñas de Fene pagarán menos polo recibo do Imposto de Bens Inmobles –IBI-, polo imposto de vehículos de tracción mecánica –coñecido popularmente como rodaxe- , pola taxa de recollida de residuos sólidos urbanos –lixo- e polos servizos do cemiterio municipal.
11-10-2018 -

Cita co Felicia POP Festival este venres e sábado en Limodre

Mañá venres arranca o Felicia POP Festival na pista polideportiva de Limodre, baixo carpa e con entrada de balde. Organizada pola entidade Felicia AC coa colaboración do Concello de Fene, chegará este ano á súa XX edición. E, para celebralo, contará cun cartel de auténtico luxo. A partir das 21 horas, comezará o festival e os primeiros en subirse ó escenario serán Jamie Fifthring & The Coffee Beakers. Tras eles, Bang 74 e Aula 11. O festival continuará ó remate na antiga escola indiana, con sesión DJ a cargo de Nico Estrume DJ e Kung Fu Panda DJ.
 
11-10-2018 -

"A ciencia é divertida" na Biblioteca Municipal de Fene

O Concello de Fene abrirá este luns, 15 de outubro, o prazo de inscrición na actividade "A ciencia é divertida", que terá lugar o sábado 20 ás 11,30 horas na Biblioteca Municipal de Fene. Está dirixida a nenos e nenas de 3 a 8 anos e as prazas están limitadas a 25. Por iso, a inscrición debe formalizarse presencialmente na propia biblioteca ou por teléfono -981 34 23 02- de luns a venres de 16 a 21 horas.
11-10-2018 -

Fene convertirase a partir deste venres nun auténtico Mar de Tapas

Experimentar. Esa foi a máxima que guiou ós cociñeiros e cociñeiras dos trece establecementos hostaleiros de Fene que, a partir deste venres, ofrecerán as súas máis innovadoras creacións culinarias no marco do certame Fene, un Mar de Tapas. O evento foi presentado esta mañá en rolda de prensa polo alcalde, Gumersindo Galego; o concelleiro de Promoción Turística, Juan José Franco; o presidente da Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos O Cruceiro, Juan Ramos Reigosa, e o coordinador do certame, Manel Pan. Xunto a eles, unha nutrida representación dos establecementos participantes no concurso, que se inclúe no programa Fene Vivo Ven a Fene.
10-10-2018 -

O Concello abre o prazo para que o tecido asociativo solicite as subvencións en réxime de concorrencia competitiva

Dende hoxe, as entidades e asociacións sen fins de lucro de Fene poden solicitar as subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, que convoca o Concello para apoiar as actividades que desenvolveron no exercicio 2017. Nesta liña, a concelleira de Cultura e Facenda, Rocío Bértoa, explicou que o Concello destinará 75.500 euros do orzamento municipal a este capítulo. Engadiu que as axudas permitirán sufragar gastos de funcionamento das entidades ou ben actividades de carácter cultural, deportivo, educativo ou veciñal realizadas durante o pasado ano ou ben no curso 2016-2017.
08-10-2018 -

Últimos días para apuntarse ó Curso de Mediadores Sociais

O Concello de Fene, xunto ós de Mugardos e Neda, promove un Curso de Mediadores/as sociais no marco do proxecto conxunto de prevención de condutas aditivas que subvenciona a Consellería de Sanidade. No caso de Fene, a acción formativa desenvolverase na Casa da Cultura os mércores 17, 24 e 31 de outubro así como os días 7, 14, 21 e 28 de novembro, de 18 a 20 horas.
08-10-2018 -

O Concello adxudica a segunda fase das obras de mellora do Camiño do Buio

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, informou esta mañá da sinatura do contrato da segunda fase das obras de acondicionamento do camiño do Buio. Unha intervención orzamentada en 37.995,89 euros que se financiará con cargo ó PEIM 2018 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural –Agader-, e que debe estar rematada antes do 15 de novembro.