Novas

11-10-2019 -

O Concello abre a inscrición nos talleres de estimulación cognitiva para persoas afectadas de alzheimer e outras demencias

Os talleres celebraranse martes e xoves de 18 a 20 horas e son gratuítos
A concelleira de Benestar Social de Fene, Tamara Miragaya, avanzou esta mañá a posta en marcha de talleres de estimulación cognitiva para persoas afectadas de alzheimer e outras demencias. A iniciativa levarase a cabo en colaboración con AFAL Ferrolterra, que guiará os obradoiros, e a participación será completamente gratuíta. Deste xeito, Miragaya informaba de que hoxe mesmo se abría o prazo de inscrición na iniciativa e animaba a anotarse ben no Centro Municipal de Servizos Sociais de Fene ben en AFAL Ferrolterra.
 
 
 
 
11-10-2019 -

O Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé acada a súa maior participación

Os organizadores do Premio Nacional de Poesía Xosémaría Pérez Parallé veñen de informar de que, rematado o prazo de inscrición, recibíronse un total de 65 obras orixinais, o que converte esta edición de 2019 na máis exitosa do certame. O fallo do xurado está previsto para os primeiros días do mes de novembro.
 
10-10-2019 -

Exposición en rede dos traballos presentados aos Premios Curuxa

O público pode visitar, por partida doble, a exposición “Premios Curuxa 2019”. Ben presencialmente, no Museo do Humor de Fene, ben a través da rede, na web do propio museo. No primeiro caso, a mostra estará a disposición da cidadanía ata o vindeiro 16 de novembro de luns a venres de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas e, os sábados, de 10 a 13 horas. No segundo, é tan sinxelo como clickar no seguinte enlace
09-10-2019 -

Medio centenar de veciños e veciñas participan nos talleres Recordando o noso

O Concello de Fene, a través da Concellería de Benestar Social que dirixe Tamara Miragaya, inauguraba a semana pasada en Barallobre os obradoiros “Recordando o Noso”. Neles participan 54 veciños e veciñas maiores de 55 anos nos diferentes escenarios nos que se celebran: ACDR Liga de Amigos de Barallobre (os xoves de 18,15 a 19,45 horas); CCRD Perlío (os mércores de 16,30 a 18 horas); AVV San Xurxo de Magalofes (os venres de 19 a 20,30 horas) e ACDR Agarimo de Sillobre (os martes de 18,30 a 20 horas).
 
08-10-2019 -

A Biblioteca municipal acolle mañá o espectáculo infantil de Andamiaxe titulado “Un banquete con moito conto”

A Biblioteca Pública Municipal Xosémaría Pérez Parallé acolle mañá, 9 de outubro, o espectáculo “Un banquete con moito conto”, de Andamiaxe. Trátase dunha actuación dirixida a nenos e nenas de 5 a 8 anos e que terá lugar ás 18,30 horas. A obra estrutúrase como un banquete de contos no que os comensais serán partícipes da súa elaboración e degustación. Para iso, deberán seguir os pasos esenciais: poñer a mesa, botarlle unha ollada á carta, degustar os “pratos” e, finalmente, pagar a conta. Unha acción moi cotiá pero transformada de maneira creativa en inusual. As ferramentas: mantel de papel, rotuladores, goma eva, lapis… e moita imaxinación!
 
08-10-2019 -

Concello de Fene e AFAL promoven este xoves o curso Coidar ao Coidador

A concelleira de Benestar Social de Fene, Tamara Miragaya, informou esta mañá da próxima celebración do curso “Coidar ao Coidador”, dirixido a familias coidadoras de persoas afectadas de alzheimer e/ou outro tipo de demencia. A acción está organizada polo Concello coa colaboración de AFAL Ferrolterra, e desenvolverase este xoves 10 de outubro no Centro Sociocomunitario de Perlío. Será a partir das 18 horas e ata as 20 horas.
04-10-2019 -

O Concello de Fene abre o prazo de inscrición no proxecto Indira, grupo de apoio emocional para mulleres

A Concellería de Igualdade do Concello de Fene que dirixe Juana Barro, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller, pon en marcha un novo espazo para mulleres enmarcado dentro do denominado Proxecto INDIRA, xa desenvolvido nos anos 2018 e verán de 2019. Esta actividade está cofinanciada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020.
04-10-2019 -

Xornada formativa sobre a sede electrónica do Concello de Fene

O Concello de Fene organiza unha charla informativa aberta dirixida a cidadanía co obxectivo de dar a coñercer a sede electrónica municipal. A formación, impartida pola axente do programa PEL-Concello Dixital da Deputación da Coruña, terá lugar na aula de formación, situada no departamento de Cultura e Deportes o xoves 17 de outubro ás 11.00 horas.
03-10-2019 -

Arranca o obradoiro de emprego INICIA IV

O Concello de Fene vén de poñer en marcha esta semana o obradoiro de emprego de Garantía Xuvenil “INICIA IV”. Faino en conxunto con Ares, Mugardos, Neda e Cabanas, pois esta iniciativa formará a 16 alumnos destes concellos (7 de Fene, 3 de Ares, 3 de Mugardos e 3 de Neda).

O alcalde, Gumersindo Galego, acompañado do concelleiro de Promoción Económica e Formación, Juan José Franco, inauguraban a acción formativa e visitaban na nave municipal de San Marcos aos veciños e veciñas participantes neste obradoiro de emprego de “Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial”.
 
03-10-2019 -

O Concello conclúe os traballos de limpeza do río Cádavo para previr inundacións

O Concello de Fene vén de concluír os traballos de limpeza do río Cádavo. Así, o alcalde, Gumersindo Galego, sinalou que a intervención centrouse tanto no cauce como nas beiras do río e, con ela, búscase previr desbordamentos e inundacións, especialmente no vial da rúa da Fraga (Perlío), derivados das intensas choivas do inverno.

Así as cousas, os traballos, que contaron coa pertinente autorización de Augas de Galicia, contemplaron a limpeza das beiras e cauce do río dende o estanque do Concello ata as casas de Astano e precisaron dun investimento cercano aos 11.000 euros procedentes de fondos municipais.