Novas

23-03-2015 -

Fene será escenario o próximo día 27 dun encontro con Ramón Loureiro no epicentro do seu universo vital e literario

O escritor presentará o seu novo libro, “Diarios”, no CMI de Fene, o venres 27 de marzo ás 20,30 h
19-03-2015 -

O alcalde subscribe un convenio coa directora do CPI A Xunqueira para financiar a viaxe dos escolares ao certame Lego en Tenerife

Gumersindo Galego explica que o Concello fará posible o desprazamento de estudantes e profesores mediante unha achega de 4.500 euros
18-03-2015 -

O Concello amplía ata o día 31 o prazo para participar no programa "Running para Tod@s"

A través do mesmo, a Concellería de Deportes ofrece adestramentos personalizados, rutas en grupo ou asesoramento sanitario.
As persoas interesadas en inscribirse poden facelo no pavillón de San Valentín
18-03-2015 -

Fene acolle sábado a primeira "Sesión maxistral con… Diego Ríos", adestrador do Parrulo FS

A iniciativa, con entrada libre, está organizada polo club de fútbol sala Ártabras Fene en colaboración co Concello e terá lugar no pavillón de San Valentín
17-03-2015 -

O Concello organiza este domingo a Ruta das Lavandeiras en Fene

O alcalde, Gumersindo Galego, invita á veciñanza a participar no percorrido polos principais lavadoiros do termo municipal e posterior comida.O concelleiro de Promoción Económica, Juan José Franco, explica que o luns celebraráse a conferencia “Sillobre, terra de auga” no local da entidade veciñal
16-03-2015 -

O Concello celebra unha nova sesión do Grupo de Apoio a Familias de persoas dependentes

A edil de Servizos Sociais, Juana Barro, apunta que terá lugar o martes, con participación aberta á veciñanza, e baixo o título “As consecuencias do estrés”.O mesmo día, mesma hora e mesmo escenario está programado un obradoiro do programa Recuperación Memoria para persoas con deterioro cognitivo.
16-03-2015 -

O Concello organiza un itinerario poético-cultural polas rúas de Fene

A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, explica que a actividade terá lugar o vindeiro mércores, 18 de marzo, a partir das 17:00 h na Biblioteca Municipal, e anima á veciñanza a anotarse na actividade na propia  Biblioteca.
13-03-2015 -

A Xunta prevé abrir ao longo do próximo curso a nova Escola Infantil de Fene

A conselleira de Benestar, Beatriz Mato, e o alcalde, Gumersindo Galego, visitaron esta mañá as obras do inmoble, con capacidade para 41 prazas
13-03-2015 -

Entrega dos diplomas no obradoiro de emprego "Reinicia", que promoveron os concellos de Fene, Ares e Cabanas

A conselleira de Traballo, Beatriz Mato, e o alcalde, Gumersindo Galego, presidiron esta mañá, venres 13 de marzo, o acto no salón de plenos da casa consistorial.
12-03-2015 -

O alcalde presenta a II Mostra Turística "Vén a Fene!" con propostas para todo o ano

Gumersindo Galego apunta que o obxectivo é ofrecer unha completa axenda de actividades de ocio para a veciñanza e lograr atraer visitantes a través de actos culturais, eventos solidarios, propostas gastronómicas ou accións etnográficas.
O edil de Promoción Económica, Juan José Franco, asegura que esta segunda edición conserva o mellor da primeira e incorpora moitas innovacións