Novas

03-06-2015 -

O Concello edita a guía "Ben.Estar.Coidando" de apoio aos coidadores de persoas dependentes

Os veciños e veciñas que estén interesadas na publicación poden facerse cun exemplar gratuitamente no Centro Municipal de Servizos Sociais de Fene ou descargándoa aquí
01-06-2015 -

A piscina municipal permanecerá este martes pechada por mor das obras de acondicionamento

O Concello executará unha modificación da canalización de gas.
01-06-2015 -

O grupo "Puntada sen fío" presentará o seu primeiro disco trala entrega dos premios do Concurso de Microrrelatos Concello de Fene

O público ten esta tarde, a partires das sete, unha cita na Casa da Cultura
01-06-2015 -

O Concello celebra unha nova sesión do Grupo de Apoio a Familias de persoas dependentes

Terá lugar mañá, con entrada libre, e baixo o título “Os dereitos asertivos”O mesmo día, mesma hora e mesmo escenario está programado un obradoiro do programa Recuperación Memoria para persoas con deterioro cognitivo
31-05-2015 -

O alumnado das Escolas Municipais de Música amosou o aprendido no concerto de clausura do curso

A Casa da Cultura rexistrou un cheo total o pasado venres para seguir a actuación dos estudantes das clases de guitarra e piano
29-05-2015 -

O Concello reedita o programa de conciliación da vida familiar e laboral "Verán máis alá"

O programa celebrarase do 1 ao 31 de xullo e está dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2003 e 2011
28-05-2015 -

Exhibición dos alumnos e alumnas das Escolas Deportivas Municipais no pavillón da Xunqueira

O pavillón polideportivo municipal da Xunqueira, en San Valentín, acollerá este sábado, 30 de maio, unha multitudinaria exhibición dos alumnos e alumnas das Escolas Deportivas Municipais. Un acto co que o Concello clausura as actividades deste curso. Dará comezo ás 11 horas con entrada libre.
27-05-2015 -

Concerto de guitarra e piano este venres para clausurar as Escolas Municipais de Música

O acto, con entrada libre, terá lugar na Casa da Cultura ás 17 horasO Concello de Fene entregará os premios do V Concurso de Microrrelatos o próximo luns, tamén na Casa da Cultura, a partires das 19 horas
27-05-2015 -

Pequenas crianzas coa arte

Os alumnos de un a tres anos da Escola Infantil amosan a súa arte na Casa da CulturaVeciños e visitantes poden visitar a exposición, que leva por título “Pequenas crianzas coa arte”, dende este mesmo mércores e ata o próximo 12 de xuño
26-05-2015 -

O Concello de Fene celebra esta semana novas sesións de Espazos Familiares

Desenvolveranse mércores no IES de Fene e xoves no CPI A Xunqueira, abertas á veciñanza en xeral, e con participación gratuíta.
A Deputación provincial da Coruña colabora con esta iniciativa, incluída no proxecto “De peques a maiores: compartindo espazos” do Concello.