Novas

06-03-2015 -

Concello e asociacións invitan á veciñanza á presentación da II Guía de Ocio de Fene

O alcalde, Gumersindo Galego, presidirá o acto este sábado, ás 12 horas, na Casa da Cultura e nel participarán todas as entidades.
A publicación, editada por Promoción Económica que dirixe Juan José Franco, recolle todos os actos de Fene ao longo dos 365 días do 2015.
Unha programación que, por primeira vez, foi consensuada entre as entidades para evitar contraprogramacións que restasen afluencia de xente aos eventos
05-03-2015 -

Fene, Ares e Cabanas únense para solicitar á Xunta novos plans de emprego e formación

O edil de Promoción Económica, Juan José Franco, destaca que as accións solicitadas, por valor superior aos 400.000 euros, están destinadas a mozos.
05-03-2015 -

O Concello dotará de aire acondicionado ás instalacións da Biblioteca Municipal

O alcalde, Gumersindo Galego, explica que a actuación ten un orzamento de 4.500 euros e busca facilitar o estudo e estancia aos usuarios nos meses de bo tempo
04-03-2015 -

Lectura "Fene Lendo Mulleres" e o recoñecemento ás veciñas que contribuíron a escribir a historia de Fene

O alcalde, Gumersindo Galego, invita á veciñanza a participar na programación deseñada pola Concellería de Igualdade que dirixe Juana Barro
04-03-2015 -

A Concellería de Cultura organiza un obradoiro de radio gratuíto para nenos de 8 a 12 anos

A edil Rocío Bértoa invita aos rapaces a inscribirse, até o día 9 de marzo, na Biblioteca Municipal e sinala que con esta actividade conmemoraráse a Semana da Prensa
02-03-2015 -

O Concello convoca o I Concurso de Carteis "Encontro de Lavandeiras de Sillobre"

O edil de Promoción Económica, Juan José Franco, explica que a obra gañadora anunciará o certame que organizará por segundo ano consecutivo o ConcelloOs interesados en participar poden presentar os seus traballos ata o 10 de abril
27-02-2015 -

Selección, convocatoria e nomeamento de tribunal para un proceso selectivo: bibliotecario/arquiveiro

Publicado no BOP do 27 de febreiro as bases de selección, convocatoria do proceso selectivo e nomeamento de tribunal para a cobertura dunha praza de bibliotecario como funcionario interino do Concello de Fene, grupo: A; subgrupo: A2; escala: administración especial; subescala: técnica; nivel: medio, mediante o sistema de oposición libre, e para a creación dunha lista de aspirantes para futuras coberturas interinas da dita praza ou da praza de axudante de arquivo-arquiveiro do grupo: A; subgrupo: A2; escala: administración especial; subescala: técnica; nivel: medio.
27-02-2015 -

O Concello programa a exposición de humor gráfico "Magola, 20 años sin pelos en la lengua"

A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, avanza que a mostra da caricaturista colombiana máis internacional, Nani Mosquera, abriráse ao público este luns.
27-02-2015 -

O Concello de Fene habilita na Biblioteca Municipal o Espazo Rosalía

A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, invita á veciñanza a achegarse ao mundo da poetisa galega a través da súa obra
26-02-2015 -

O Concello organiza este venres unha nova sesión do programa de ocio educativo In Fene

Celebraráse no local da AVV de Perlío baixo o título “De Película”