Novas

09-03-2015 -

Fene leu ás mulleres e reivindicou o papel das veciñas que axudaron a construír o municipio no Día Internacional da Muller

Os actos organizados pola Concellería de Igualdade celebráronse o pasado venres
09-03-2015 -

O Concello inicia este luns a pavimentación da rúa Eduardo Neira

O alcalde, Gumersindo Galego, avanzou que o Concello investirá preto de 12.000 nesta intervención, que permitirá mellorar o vial, ubicado na parroquia de Perlío
09-03-2015 -

Concello e asociacións presentan a Guía Vén a Fene! cos máis de 150 actos que se desenvolverán no municipio ao longo do 2015

O alcalde, Gumersindo Galego, destaca que, por primeira vez, Concello e entidades fenesas consensuaron o calendario para evitar coincidencia de datas.
O edil de Promoción Económica, Juan José Franco, agradeceu a implicación do movemento asociativo e anunciou unha tirada de 3.000 exemplares.
06-03-2015 -

O Concello constrúe unha rampa de acceso á capilla do cemiterio para facilitar a accesibilidade

O alcalde, Gumersindo Galego, explica que o obxectivo da actuación no camposanto é facilitar o acceso de persoas maiores ou con problemas de mobilidadeAo remate da actuación, o Concello anuncia a construcción doutra rampa na antiga escola de Chamoso, sede actual da asociación de amas de casa do municipio.
Avanza que os operarios retomarán as labores de acondicionamento dos pasos elevados a próxima semana se se manteñen as boas condicións climatolóxicas
06-03-2015 -

Concello e asociacións invitan á veciñanza á presentación da II Guía de Ocio de Fene

O alcalde, Gumersindo Galego, presidirá o acto este sábado, ás 12 horas, na Casa da Cultura e nel participarán todas as entidades.
A publicación, editada por Promoción Económica que dirixe Juan José Franco, recolle todos os actos de Fene ao longo dos 365 días do 2015.
Unha programación que, por primeira vez, foi consensuada entre as entidades para evitar contraprogramacións que restasen afluencia de xente aos eventos
05-03-2015 -

Fene, Ares e Cabanas únense para solicitar á Xunta novos plans de emprego e formación

O edil de Promoción Económica, Juan José Franco, destaca que as accións solicitadas, por valor superior aos 400.000 euros, están destinadas a mozos.
05-03-2015 -

O Concello dotará de aire acondicionado ás instalacións da Biblioteca Municipal

O alcalde, Gumersindo Galego, explica que a actuación ten un orzamento de 4.500 euros e busca facilitar o estudo e estancia aos usuarios nos meses de bo tempo
04-03-2015 -

Lectura "Fene Lendo Mulleres" e o recoñecemento ás veciñas que contribuíron a escribir a historia de Fene

O alcalde, Gumersindo Galego, invita á veciñanza a participar na programación deseñada pola Concellería de Igualdade que dirixe Juana Barro
04-03-2015 -

A Concellería de Cultura organiza un obradoiro de radio gratuíto para nenos de 8 a 12 anos

A edil Rocío Bértoa invita aos rapaces a inscribirse, até o día 9 de marzo, na Biblioteca Municipal e sinala que con esta actividade conmemoraráse a Semana da Prensa
02-03-2015 -

O Concello convoca o I Concurso de Carteis "Encontro de Lavandeiras de Sillobre"

O edil de Promoción Económica, Juan José Franco, explica que a obra gañadora anunciará o certame que organizará por segundo ano consecutivo o ConcelloOs interesados en participar poden presentar os seus traballos ata o 10 de abril