Novas

13-03-2018

Avance da programación da Concellería de Cultura de Fene para a primavera-verán 2018

Oswaldo Digón, Paco Cerdeira, Bellón&Maceiras e María Larraitz, son algúns dos artistas que pasarán pola Casa da Cultura de Fene esta primavera, segundo adianta a Concellería de Cultura de Fene. O departamento que dirixe o edil Justo Ardá anuncia tamén as actividades e espectáculos previstos para o Ciclo do Día da Patria Galega que terá lugar no mes de xullo e polo que pasarán este ano Circo Chosco, Nautilus Band, Ith e Sés.
09-03-2018

Fene súmase aos actos de lembranza da revolta popular de marzo de 1918

O Concello de Fene última os preparativos do acto que está a organizar para lembrar o centenario da coñecida como “Revolta das pedradas”, acontecida en Fene, Ferrol, Narón e Neda no mes de marzo de 1918. O acto terá lugar o vindeiro venres, 16 de marzo, ás 18 horas, na antiga estación de Barallobre e consistirá no descubrimento dunha praca conmemorativo desta revolta popular que estivo liderada polas mulleres das clases populares da comarca.
06-02-2018

Catorce comparsas desfilarán no entroido de Fene

As agrupacións participantes sairán o mércores 14 de febreiro ás 18.00 horas de Perlío (Aguilar), percorrendo a Avda. Marques de Figueroa, Avda. Naturais e Avda. do Concello. 
29-01-2018

Fene vai de entroido!

A tradicional verbena do entroido fenés trasládase ao martes de entroido, víspera de festivo no Concello.
17-01-2018

Fene vai de entroido!

O Concello repartirá 6.500 euros entre as comparsas participantes, o prazo para inscribirse remata o 2 de febreiro.
10-01-2018

Recital de guitarra clásica de Iria Quintía na Casa da Cultura de Fene

O salón de actos da Casa da Cultura de Fene acolle este venres, 12 de xaneiro, un concerto a cargo da guitarrista Iria Quintía Romero.
05-01-2018

Vinte paxes reais acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar na cabalgata de Fene

Todos os/as nenos/as que se apuntaron para participar como paxes reais na cabalgata das SS.MM. os Reis Magos de Oriente tomarán parte no desfile de hoxe 5 de xaneiro.
26-12-2017

Semana de maxia e contos na Casa da Cultura de Fene

Con maxia de perto, xogos de cartas, cordas e panos, o mago Pedro Bugarín engailou aos pequenos/as -e non tan pequenos/as- que asistiron á primeira función do ciclo de maxia e contos que organiza a Concellería de Cultura de Fene no Nadal. O espectáculo, titulado "Mundo máxico", reuniu no salón de actos da Casa da Cultura a máis de medio de cento de persoas. 
18-12-2017

O Apalpador visita aos escolares de Fene

O Apalpador visitou os colexios A Xunqueira, Centieiras e Jorge Juan  e mañá achegarase ao CEI Sillobre e aos colexios Os Casais e O Ramo.
 
14-12-2017

O Nadal chega a Fene

A poucos días do comezo das festas, o CMI Unidade de Fene acollerá este sábado o tradicional festival de panxoliñas