Novas

12-07-2019

Laura Bouza reivindica “seguir construíndo un futuro propio, feminista e libre, con capacidade de pensamento crítico”

A artista local Laura Bouza, responsable de LauDas Calamity, Laboratorio de Creación Artística, reivindicou esta tarde, no Monumento Día da Patria Galega, “pensar naquilo que nos aveciña para seguir construíndo futuro, un futuro noso, propio, feminista e libre, con capacidade de pensamento crítico”.
12-07-2019

De Vacas trae este venres ao Concello de Fene o seu “Tour vacanal 2019”

O ciclo Día de Galicia, deseñado polo Concello de Fene para conmemorar tan sinalada data, chegará hoxe, venres 12, á súa útima xornada. E farao por todo o alto. A programación comezará ás 20,30 horas coa lectura da Declaración Institucional no Monumento Día da Patria Galega a cargo de Laura Bouza, responsable de LauDas Calamity. Laboratorio de Creación Artística.
11-07-2019

A Festa dos Avós de Fene pon o acento na convivencia entre maiores e pequenos

Festa por todo o alto este xoves en Fene. O Concello convida a nen@s e maiores a participar na Festa dos Avós, incluída no ciclo Día de Galicia. Un espazo de convivencia e encontro interxeneracional que arrancará ás 20 horas na praza do Alcalde Ramón Souto González e baixo carpa.
10-07-2019

O Concello de Fene celebra este mércores o Certame de Habaneiras e Canto Coral

A praza do Alcalde Ramón Souto González acollerá hoxe 10 de xullo o tradicional Certame de Habaneiras e Canto Coral. Será a partir das 20.30 horas no marco do Ciclo Día de Galicia, co que o Concello de Fene conmemora tan sinalada data. Nel, tomarán parte as corais polifónicas do CPS de San Valentín, ACDR O Pote de Maniños; SCRD Agarimo de Sillobre e Eterna Xuventude do Centro Social de Fene. Tamén, as rondallas “Perla do Río” do CCRD de Perlío e “Estrelecer” do CMI Unidade de Fene e o Tradicoro.
08-07-2019

O mago Cayetano Lledó ofrecerá este martes en Fene o seu espectáculo Lafayette Show

O ciclo Día de Galicia co que o Concello conmemora tan sinalada data continuará mañá martes 9 de xullo coa función do prestixioso mago Cayetano Lledó, que ofrecerá en Fene o seu espectáculo Lafayette Show. Será a partir das 21 horas, baixo a carpa da praza do Alcalde Ramón Souto González. Trátase dun show que combina o encanto da maxia e o ilusionismo co teatro, a comedia, a interpretación, a música, a danza, a hipnose, o mentalismo e unha mestura de artes afíns.
05-07-2019

Circo a pé de rúa este luns en Fene da man da compañía Isla Letriska

O ciclo Día de Galicia, organizado polo Concello de Fene para conmemorar tan sinalada data, continuará este luns, 8 de xullo, na praza do Alcalde Ramón Souto González, epicentro da programación. Será da man da compañía Isla Letriska, que presentará en Fene o seu espectáculo “Isla Inmobile” a partir das 21 horas, baixo carpa e con entrada libre e de balde.
04-07-2019

Setestrelo trae a Fene este venres o seu espectáculo “O Camiño”

Setestrelo será o encargado de inaugurar mañá venres, a partir das 22,30 horas, a programación do ciclo Día de Galicia coa que o Concello de Fene, tal e como sinalou o alcalde, Gumersindo Galego, conmemorará tan sinalada data. Ofrecerá o seu espectáculo, como os restantes, na praza do Alcalde Ramón Souto González, baixo carpa e, tamén como o resto das propostas, será gratuíta e con entrada de balde.
03-07-2019

O xurado dará a coñecer o fallo dos XXIII Premios Curuxa 2019 o mércores 17

O xurado dos XXIII Premios Curuxa 2019 reunirase o vindeiro mércores 17 ás 12 horas no Museo do Humor de Fene, xuntanza trala cal dará a coñecer o seu fallo. Nomeado polo Concello, estará presidido polo alcalde e formarán parte del a concelleira de Cultura, a coordinadora do Museo do Humor e tres humoristas gráficos que nesta edición serán: José A. Rodríguez López, “Gogue”; Fernando Iglesias Mouta, “Kohel”, e Ana Martínez Fernández.
01-07-2019

Fene conmemora o 25 de xullo co Ciclo “Día de Galicia”, que incluirá os concertos de Setestrelo e De Vacas e a Festa dos Avós

O Concello de Fene, a través da Concellería de Cultura que dirixe Rocío Bértoa, presentou esta mañá os actos do ciclo Día de Galicia cos que se conmemorará tan sinalada data. Uns actos que se estenderán por espazo dunha semana e que arrancarán este venres, 5 de xullo. A música será a principal protagonista, con concertos para todos os gustos, e a estes sumaranse espectáculos de novo circo a pé de rúa. Ademais, o Concello volve a apostar pola multitudinaria Festa dos Avós, con xantar popular incluído gratuíto.
27-06-2019

Novo horario de verán na Casa da Cultura

A Casa da Cultura de Fene abre ao público dende esta semana en horario de verán. A medida afecta á Biblioteca, Museo do Humor, sala de exposicións e aula de estudo. Así, dende o pasado venres, o novo horario desta instalación municipal é de luns a venres de 10 a 14,15 horas e sábados, domingos e festivos pechado. O horario de verán será efectivo ata o primeiro día do novo curso escolar.