Anuncio consulta pública revisión tarifas de aplicación urbana autotaxis Concello de Fene

Anuncio consulta pública revisión tarifas de aplicación urbana autotaxis Concello de Fene

Publicado o anuncio de consulta pública relativo a modificación do Anexo II (Tarifas) da Ordenanza reguladora do servizo de taxi do Concello de Fene, durante un prazo de 15 días, a contar desde o día seguinte ao da presente publicación.


O estudio económico que presentan as Asociacións de Autotaxis do Concello de Fene, para a aprobación das tarifas de aplicación urbana para o ano 2019, ponse a disposición dos interesados como anexo a esta consulta.

Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren, poden facer chegar as súas opinións ao respecto presentándoas, no rexistro xeral do Concello, en horario de atención ao público (de 09:00 a 14:00 horas) ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do
Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Descargas