Declaración para a liquidación do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de naturaleza urbana (plusvalía- IIVTNU)

O imposto sobre o incremento de valor dos terreos de naturaleza urbana é un tributo directo que grava o incremento de valor que experimenten ditos terreos e se poña de manifesto a consecuencia da transmisión da propiedade dos terreos por calquera título ou da constitución ou transmisión de calquera dereito real de goce, limitativo do dominio, sobre os referidos terreos.

É suxeito pasivo do imposto a título de contribuínte:

  • Nas transmisións de terreos ou na constitución ou transmisión de dereitos reais de goce limitativos do dominio a título lucrativo, a persoa física ou xurídica, ou a entidade a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, que adquira o terreo ou a cuio favor se constitúa ou transmita o dereito real de que se trate.
  • Nas transmisións de terreos ou na constitución ou transmisión de dereitos reais de goce limitativos do dominio a título oneroso, a persoa física ou xurídica, ou a entidade a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, que transmita o terreo ou que constitúa ou transmita o dereito real de que se trate.

Nas transmisións de terreos ou na constitución ou transmisión de dereitos reais de goce limitativos do dominio a título oneroso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte, a persoa física ou xurídica, ou a entidade a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, que adquira o terreo ou a cuio favor se constitúa ou transmita o dereito real de que se trate, cando o contribuínte sexa unha persoa física non residente en España.

Os suxeitos pasivos virán obrigados a presentar perante o Concello declaración segundo modelo adxunto nesta web nos seguintes prazos, a contar dende a data na que se produza o reporte do imposto:

  • Cando se trate de actos inter vivos, o prazo será de 30 días hábiles.
  • Cando se trate de actos por causa de morte, o prazo será de 6 meses, prorrogables ata 1 ano a solicitude do suxeito pasivo. No caso de non ser resolta a solicitude de prórroga no prazo de 1 mes, a contar dende a súa presentación, entenderase concedida por silencio administrativo.
Áreas
Descargas