O nomeamento dos membros da Xunta de Goberno local e dos tenentes de alcalde determínase nas resolucións da alcaldía 390/2018 de 10 de abril de 2018
As sesións ordinarias da Xunta de Goberno Local do Concello de Fene terán carácter semanal, celebrándose as sesións os xoves de cada semana ás 08.30 horas en primeira convocatoria e unha hora máis tarde en segunda convocatoria. No suposto de que o día prefixado fose festivo ou inhábil, celebrarase a sesión co mesmo carácter de ordinaria o inmediato hábil anterior.
Xunta de Goberno Local
Mediante Resolución da Alcaldía núm. 390/2018 do 10 de abril de 2018acordouse nomear membros da Xunta de Goberno Local do Concello de Fene ós seguintes concelleiros e concelleiras:
- Rocío Aurora Bértoa Puente
- Xoán Manuel Rodríguez Bastida
- Juan José Franco Casal
- Andrés Serantes Painceiras
- Juana Barro Couto
Tenentes alcalde
Mediante Resolución da Alcaldía núm. 390/2018 do 10 de abril do 2018 acordouse nomear como tenentes de alcalde, pola orde que de seguido se indica, ós/ás seguintes señores/as concelleiros/as membros da Xunta de Goberno Local:
1ª Tenente de Alcalde: Rocío Aurora Bértoa Puente
2º Tenente de Alcalde: Xoán Manuel Rodríguez Bastida
3º Tenente de Alcalde: Juan José Franco Casal
4º Tenente de Alcalde: Andrés Serantes Painceiras
5ª Tenente de Alcalde: Juana Barro Couto
Corresponde ós nomeados substituir na Alcaldía, pola orde sinala, nos casos legalmente establecidos.