Fene ao día

Novas

  • POR+VIDA, a asociación con máis participantes que chegaron á meta na 6ª Carreira da Muller

    A Asociación Oncohematolóxica de Fene POR+VIDA vén de acadar dous premios na 6ª Edición da Carreira da Muller celebrada na cidade de A Coruña o pasado domingo, 16 de setembro. POR+ VIDA leva participando seis veces, as mesmas edicións que se leva celebrando a carreira na cidade herculina.

  • Fene, Mugardos e Neda promoven un Curso de Mediadores/as Sociais

    O Concello de Fene, xunto ós de Mugardos e Neda, promove un Curso de Mediadores/as Sociais no marco do proxecto conxunto de prevención de condutas aditivas que subvenciona a Consellería de Sanidade.

  • O Concello de Fene retoma os obradoiros gratuítos de Tardes Activas para persoas maiores de 55 anos

    O Concello de Fene, a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade que dirixe Juana Barro, retomará este mes os Obradoiros de Recuperación da Memoria, os Obradoiros de Activación da Memoria e os Obradoiros Recordando o Noso. Están dirixidos a persoas maiores de 55 anos, son completamente gratuítos, e inclúense no programa Tardes Activas. As persoas que desexen sumarse ó proxecto poden inscribirse no Centro Municipal de Servizos Sociais.

Ver máis

Axenda