Deporte

Novas

  • Preto de 530 nenos e maiores participarán este sábado en Fene na VIII Exhibición Solidaria de Baile Moderno e Bailes de Salón

    A Concellería de Deportes que dirixe Xoán Manuel Bastida organiza este sábado, coa colaboración especial da entidade Fene Movemento, a VIII edición da Exhibición Solidaria de Baile Moderno e Bailes de Salón. Á mesma confirmación a súa asistencia nada máis e nada menos que 530 bailaríns e bailarinas de once escolas e clubes de Fene e doutros municipios da comarca. Celebrarase a partir das 17 horas no pavillón municipal da Xunqueira e, no lugar de entrada, o público asistente poderá entregar produtos alimenticios non perecedoiros que o Concello entregará a Cáritas para aquelas familias con menos recursos.

  • O Concello habilitará unha pista de xeo e programa o Campanadal para peques, patinaxe e xogos acuáticos en familia

    A Concellería de Deportes que dirixe Xoán Manuel Bastida ofrecerá unha completa e variada programación de cara ás xornadas festivas do Nadal. Unha programación que, segundo avanzou, incluirá a apertura dunha pista de xeo sintética para delicia de nenos e maiores. Así mesmo, mañá xoves, 13 de decembro, abrirá o prazo de inscrición no “Campanadal para peques” e nas “Clases de patinaxe para nenos/as e persoas adultas”. A inscrición debe formalizarse nas dependencias administrativas do pavillón polideportivo da Xunqueira ata o día 20 en horario de luns a venres de 9 a 13,30 horas e o mércores 19 de 16,30 a 19 h. Completan a programación a actividade de xogos acuáticos en familia e as exhibicións de baile moderno e bailes de salón, de carácter solidario, este sábado; de ximnasia artística, o día 22, e a Carreira e Andaina San Silvestre, o 29.

  • Aberta a inscrición na XXXIII edición do Memorial Adolfo Ros-Volta á Ría

    A XXXIII edición da carreira de media maratón “Memorial Adolfo Ros - Volta á Ría” celebrarase o vindeiro 2 de decembro a partir das 10 horas e contará tamén con probas para categorías de menores. Organizada polo Concello de Ferrol, en colaboración cos Concellos de Fene, Narón e Neda, a inscrición permanecerá aberta na web www.carreirasgalegas.com ata o mércores 28 de novembro ás 23:59 horas. A cuota é de 4 euros e, para as carreiras de menores, gratuítas.

Ver máis