Benvida

Saúdo do alcalde

Amigas e amigos:

Benvidas e benvidos á web municipal. Ao abrir esta fenestra entrades de cheo no Concello de Fene, nun espazo concibido para darvos a coñecer a organización municipal, como se conforma o goberno municipal e que responsabilidades concretas teñen atribuídas os seus membros así como quen configuran os diferentes grupos municipais.

Na web podedes recibir información do que estamos a facer, de cales son os proxectos, programas e actuacións que estamos levando a cabo, das actividades municipais e da axenda prevista para cada día.

Fene.gal é tamén unha canle que vos a nosa lingua, arte, xeografía, historia; o noso patrimonio cultural, natural e paisaxístico, as nosas parroquias, no noso Museo do Humor e dende a que proxectamos Fene ao mundo con todas as súas potencialidades.  Fene ao mundo con todas as súas potencialidades

Mais non só é un espazo informativo. A web municipal é unha canle para facilitar a relación entre a veciñanza e o Concello. Dende a sección E-administración poderás realizar diferente xestións e trámites en liña, presentar facturas e acceder ao perfil do contratante ou ao portal de transparencia. Dende o goberno municipal comprometémonos a seguir desenvolvendo esta sección e a administración electrónica porque somos conscientes de que dende a transparencia e dende a vocación de servizo público, ferramentas como esta páxina son necesarias e imprescindibles.

Boa singradura!

Juventino J. Trigo Rey

Alcalde de Fene

Ligazóns