Benestar e igualdade

Novas

  • Preto de 680 alumnos e alumnas de Fene, Mugardos e Neda participan en Cinensino

    Un total de 679 alumnos e alumnas de 13 centros educativos dos municipios de Fene, Mugardos e Neda participan dende este mes e ata marzo no programa Cinensino que impulsan os tres concellos ao abeiro do proxecto de prevención de condutas aditivas e promoción da saúde no eido local e co apoio da Consellería de Sanidade.
     

  • Charla sobre alzheimer no CMIU de Fene

    O salón de actos do CMI Unidade de Fene albergará este martes 19 de febreiro unha charla informativa sobre alzheimer a cargo de AFAL Ferrolterra. A ponencia, que dará comezo ás 18,30 horas con entrada de balde, está organizada pola entidade social en colaboración co CMI e o departamento municipal de Servizos Sociais do Concello.

  • Clausura dos obradoiros “Robótica para comerse o tarro” para mozos e mozas

    O Concello de Fene celebrou o pasado sábado a sesión de clausura do curso “Robótica para comerse o tarro” no que tomaron parte 11 mozos e mozas dende o pasado día 15 de decembro.

Ver máis