Asignacións por asistencia efectiva ás sesións dos órganos colexiados

Acordos do Concello Pleno, sesión de 07 de xullo de 2015.

Os membros da Corporación que non desempeñen cargos en réxime de adicación parcial percibirán, pola concorrencia efectiva ás sesións dos órganos colexiados dos que formen parte , as asistencias que de seguido se indican:

  • Sesión ordinaria Pleno: 400,00 €/sesión.
  • Sesión extraordinaria Pleno: 80,00 €/sesión.
  • Xunta de Delegados: 336,00 €/sesión.
  • Xunta de Goberno Local: 25,00 €/sesión.

O pago das asignacións realizarase previo certificado da Secretaría da asistencia efectiva de cada un dos membros da corporación municipal ás correspondentes sesións.

En caso de concorrer dúas ou máis sesións de calquera dos órganos indemnizables no mesmo día cuxa hora de inicio, segundo a convocatoria, non difira en máis de tres horas, os Sres. concelleiros/as de que se trate percibirán a cantidade correspondente a unha soa sesión, aplicándose a sinalada á de maior contía.

Tendo en conta o actual contexto de crise económica, fíxase un máximo anual de indemnizacións por asistencias a determinados órganos colexiados de acordo co seguinte:

  • Sesións extraordinarias do Pleno da Corporación e Xunta de Goberno Local: máximo indemnizable 8 sesións por exercicio, a excepción do ano 2015 no que serán só indemnizables, como máximo, 4 sesións que se celebrasen a partir da adopción do presente acordo.
  • Sesións extraordinarias da Xunta de Delegados: máximo indemnizable 3 sesións por exercicio, excepto para o ano 2015 que serán só indemnizables, como máximo, 2 sesións que se celebrasen a partir da adopción do presente acordo.
  • Sesións extraordinarias da Xunta de Goberno Local: máximo indemnizable 8 sesións por exercicio, excepto para o ano 2015 que serán só indemnizables, como máximo, 4 sesións que se celebrasen a partir da adopción do presente acordo.

Non serán indemnizables as sesións constitutivas dos órganos colexiados.