Áreas de Goberno

  • Resolución alcaldía 804/2015 de creación de áreas
  • Resolución alcaldía 393/2018 modificación áreas

Áreas ou sectores de actividade municipal nas que se estrutura o goberno local:

I Desenvolvemento territorial e do medio

Esta área comprende as seguintes subáreas:

  • Urbanismo e vivenda: comprenderá a xestión das competencias municipais sobre ordenación do territorio e urbanismo, relativas a plans e instrumentos de ordenación urbanística (incluída a súa redacción), xestión urbanística, expropiacións por razóns do urbanismo, políticas municipais de dotación do solo para vivendas sociais, promoción de vivendas sociais, disciplina urbanística, licenzas, comunicacións previas e demais autorizacións.
  • Obras: comprenderá a preparación e xestión da planificación das obras municipais.
  • Medio ambiente:  comprenderá a xestión de políticas municipais do medio ambiente, praias, ríos e ribeiras, deseño de novos espazos públicos, control de pragas, servizo de lacería, promoción da educación ambiental (redución do lixo, recollida selectiva, compostaxe…) e o Punto limpo

II Organización e seguridade

Esta área comprende as seguintes subáreas:

  • Persoal: Persoal: comprende a xestión dos recursos humanos, organización do concello, métodos de traballo, relacións cos representantes dos traballadores e arquivo municipal.
  • Formación e emprego: comprende as políticas municipais que garden relación coa promoción do emprego, inserción laboral, formación ocupacional e escolas obradoiros.
  • Servizos: comprende a xestión dos servizos básicos municipais, ciclo da auga, recollida de residuos, limpeza de vías públicas e infraestruturas urbanas (mobiliario urbano, redes de servizos…),mantemento e conservación de parques, xardíns e zonas verdes, mantemento de edificios e instalación municipais e o control e seguimento das obras de xestión directa.
  • Seguridade: comprende a xestión da seguridade cidadá, control e ordenación do tráfico en vías urbanas e policía local. Licenzas e Rexistro de animais perigosos.
  • Protección Civil: comprende a dirección e xestión da Agrupación de voluntarios de protección civil.

III Dinamización económica

Esta área comprende as seguintes subáreas:

  • Facenda e Patrimonio: comprende a xestión económica do concello, seguimento e control de investimentos, preparación dos orzamentos, xestión tributaria e recadación, política fiscal, preparación das ordenanzas fiscais, estatística, patrimonio municipal (inventario de bens, dereitos e
    obrigas; administración e defensa do patrimonio municipal, expropiación forzosa non urbanística), contratación pública e coordinación da licitación
  • Promoción económica: comprende as políticas municipais de dinamización e potenciación da vida económica local, industria; relacións cos axentes locais na procura de políticas integrais de desenvolvemento e fomento de actividades económicas, promoción das novas tecnoloxías,
    promoción do comercio e xestión da mellora dos servizos municipais en favor da eficiencia enerxética e na utilización dos recursos públicos; feiras, mercados, abastos, lonxas e comercio ambulante.
  • Turismo: comprende a dirección e xestión das políticas públicas municipais relacionadas co turismo e promoción dos valores turísticos do concello.

IV Dinaminación social e transparencia

Esta área comprende as seguintes subáreas:

  • Cultura: comprende a xestión e programación das políticas municipais da cultura e das instalacións culturais, así como a normalización lingüística. Asociacionismo.
  • Xuventude: comprende a dinamización da OMIX e a xestión de políticas dirixidas á xuventude no eido do tempo libre e ocio.
  • Deportes: comprende a xestión e programación das políticas deportivas municipais. Instalacións deportivas.
  • Ensino: comprende a xestión e programación das relacións cos centros e coa comunidade educativa, o mantemento das instalacións educativas que sexan da competencia do concello e demais competencias municipais no eido da educación, agás as escolas infantís que estarán incluídas na subárea de benestar.
  • Participación e información cidadá, transparencia e comunicación: comprende a dinamización da páxina web, radio municipal, adaptación administrativa e impulso do uso das novas tecnoloxías; Consello de Participación Cidadá, o seu funcionamento e dinamización; posta en marcha da OMIC
  • Benestar Social e igualdade: comprende as políticas municipais de prestación de servizos asistenciais aos cidadáns, atención ás situación de marxinación e exclusión social, medidas de integración social, política de inmigración, muller e conciliación da vida laboral e familiar, atención á terceira idade e escolas infantís.
Descargas