Fene cidadán

Saltar menú

Convocatorias

CONCELLERÍA DE ORGANIZACIÓN, PERSOAL, EMPREGO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Bases administrativo/a interino

08/02/2010

Publicado no BOP do luns 8 de febreiro as bases que rexen a convocatoria para a selección dun/dunha administrativo/a interino (funcionario/a interino/a) por execeso e acumulación de tarefas por un período máximo de 6 meses.

O prazo de presentación de instancias é de oito (8) días naturais contados a partires do seguinte ó da publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

O procedemento de selección será mediante oposición libre.



Requisitos:

a) Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea ou de calquera daqueles Estados ós que en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos establecidos na normativa vixente, ademais, consonte co disposto pola Lei 17/1993, do 23 de decembro; así como no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público, tamén poderán acceder á praza os estranxeiros que reúnan a condición de cónxuxes de españois ou de nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes e os do seu cónxuxe –sempre que non estean separados de dereito- menores de 21 anos ou maiores que vivan ás súas expensas.

b) Ter cumplidos 16 anos de idade.

c) Estar en posesión ou en condición de obtela na data de terminación do prazo de presentación de instancias da titulación de bacharelato superior, Formación Profesional de 2º grao ou titulacións equivalentes ou superiores que habiliten para o acceso a praza convocada. As titulacións non expedidas en España deberán estar debidamente revalidadas polo Ministerio de Educación e Ciencia.

d) Non padecer enfermidade nin defecto físico que lle incapacite para o desempeño das correspondentes funcións.

e) Non atoparse separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas e dos órganos constitucionais ou estatutarios das Administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autonomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario ou para exercer funcións similares ás que desenvolvían no caso de persoal laboral, no que houbese sido separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.



Documentación:

Nas instancias os apirantes deberán manifestar que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base anterior e deberán achegar a seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada do DNI.



Lugar de solicitude:

As instancias para tomar parte no proceso selectivo dirixiranse ao Sr. Alcalde do Concello de Fene e presentaranse de acordo co modelo que se inclúe como Anexo II das presentes bases no Rexisto Xeral do Concello de Fene ou nas restantes formas previtas no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.



Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006

Fene Concello

Subvencionado por:
Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información