Creative Commons
O Concello de Fene ofrece esta web para facilitar o acceso público á información de que dispón. No entanto, o Concello de Fene non asume ningunha responsabilidade en relación co material incluído nestas páxinas. O devandito material:
- Consiste unicamente en información pública de carácter xeral.
- Non ofrece necesariamente información exhaustiva, completa, exacta ou actualizada.
- Contén ás veces ligazóns a páxinas externas sobre as que os servizos municipais non teñen ningún control e respecto ás cales declinan calquera responsabilidade.
- Non ofrece asesoramento profesional, xurídico ou técnico, polo cal, se desexa efectuar unha consulta deste tipo, débese dirixir a un profesional debidamente cualificado.
- Hai que ter en conta que non se pode garantir que un documento dispoñible en liña reproduza exactamente un texto adoptado oficialmente.
- Así pois unicamente se consideran auténticos os documentos do Concello de Fene publicados no Boletín Oficial do Estado, no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia.
O Consello de Fene pon a disposición dos visitantes en xeral, e dos usuarios do web en especial, un enderezo de correo para que poidan manifestar as súas queixas e comentarios en relación cos contidos e informacións que se faciliten a través da páxina, que serán debidamente atendidos. Corrixiranse inmediatamente aquelas situacións que representen un prexuízo, non respondan á verdade ou supoñan unha ofensa para algunha persoa ou colectivo.
Actualización e modificación da páxina web
O Concello de Fene reserva o dereito de actualizar, modificar ou eliminar a información contida no seu sitio web, e a configuración ou presentación desta, en calquera momento, sen avisar antes, e sen asumir por isto ningunha responsabilidade.
Aspectos técnicos
O Concello de Fene non asume ningunha responsabilidade que se puidese derivar de problemas técnicos ou fallos nos equipos informáticos, non imputables á súa páxina web, que se produzan durante a conexión á rede de Internet, así como de danos que puidesen ser causados por terceiras persoas mediante intromisións ilexítimas fóra do control do Concello. Tamén queda exonerado de toda responsabilidade ante posibles danos ou prexuízos que poida sufrir o usuario por consecuencia de erros, defectos ou omisións na información que se facilite cando proceda de fontes alleas ao Concello de Fene.
Creative Commons Deed
Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 España
Vostede é libre de:
- copiar, distribuír e comunicar publicamente a obra
- facer obras derivadas
Baixo as condicións seguintes:
- Recoñecemento. Debe recoñecer os créditos da obra do xeito especificado polo autor ou polo licenciador.
- Non comercial. Non pode empregar esta obra para fins comerciais
- Compartir baixo a mesma licenza. Se altera ou transforma esta obra, ou xera unha obra derivada, só pode distribuír a obra xerada baixo unha licenza idéntica a esta.
- Ao reutilizar ou distribuír a obra, ten que deixar ben claro os termos da licenza desta obra.
- Algunha destas condicións pode non aplicarse se se obtén o permiso do titular dos dereitos de autor
Os dereitos derivados de usos lexítimos ou outras limitacións non se ven afectados polo anterior