Fene cidadán

Saltar menú

ADEGA

Art-Natura na Casa da Cultura

25 de febreiro de 2008 A exposición Art-Natura, na que participan artistas e escritores/as galegos/as coa temática da defensa do medio natural, inagúrase o mércores 27 de febreiro ás 20.00 h na Casa da Cultura de Fene.

A exposición ART NATURA, promovida por ADEGA , é unha mostra itinerante por todo o territorio de Galicia en defensa da Rede Natura galega e en defensa do noso Patrimonio Natural. Participan nela máis dun cento de artistas galegos con 102 obras plásticas, 28 literarias, e 2 audiovisuais.

A exposición, que se poderá visitar até o 14 de marzo, ten programada a realización de tres encontros:

12/03/2008 Encontro con fotógrafos/as ás 20.00 h

13/03/2008 Encontro con pintores/as ás 20.00 h

14/03/2008 Encontro con escritores/as ás 20.00 h

A mostra realízase coa colaboración da Concellería de Cultura e Ensino do Concello de Fene.


Ligazóns

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006

Fene Concello

Subvencionado por:
Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información