26 de xaneiro de 2010
A partir de hoxe e ata o martes 9 de febreiro os grupos de comparsas xa poden presentar as solicitudes para as axudas do entroido 2010.
Para poder optar as estas axudas é condición indispensable formalizar a inscrición da comparsa e presentar toda a documentación requerida no Rexistro Xeral do Concello de luns a venres en horario de 9.30 a 13.30 horas; con anterioridade ás 12.00 h do martes 9 de febreiro de 2010 (conforme modelo anexo I das bases ).
As comparsas acompañarán ao Entroido nos actos programados para o mércores día 17 de febreiro.
Actos que comezarán coa concentración ás 18.00 horas na Rúa Cádavo (fronte ao establecemento Aguilar) para logo desfilar polas rúas de Fene e finalmente actuar na Praza do Concello.
A orde de participación no desfile e de actuación no palco determinaranse mediante sorteo que se celebrará no Salón de Actos do Casa da Cultura o mércores día 10 de febrero de 2010 ás 18.00 h.
Para máis información, no Departamento de Cultura, Deportes e Xuventude (Avda. Naturais 44, entrechán dereita - Fene) ou no teléfono 981.34.03.66.
Aviso legal | Accesibilidade | RSS
Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006