20 de outubro de 2009
Rematado xa o prazo de presentación de orixinais para a XXII edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, O Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene fai pública a composición do xurado que escollerá a obra gañadora de entre os 28 orixinais presentados a concurso.
Nesta ocasión, estará composto por: Carme Bar Cendón, Licenciada en Historia da Arte, que foi profesora de ensino medio e Directora da Biblioteca de Narón; Baldo Ramos, poeta e artista plástico, que exerce como docente de Lingua e Literaturas Española e Susana Sánchez Aríns, gañadora da XXI edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, tamén docente de ensino medio.
A decisión sobre a obra gañadora do premio darase a coñecer a mediados de novembro.
Acompañamos breve nota biográfica dos tres membros do xurado e referencias a fotografías que poden obterse na rede.
Máis información sobre o Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé en http://premioperezparalle.blogaliza.org/ Ou contactando con Eduardo Estévez, coordinador do premio.
Baldo Ramos
Poeta e artista plástico nado en Celanova, a súa obra poética e plástica entrelázase en moitos puntos. Publicou xa varios títulos entre os que destacan As follas da memoria e Ut pictura poesis (ambos libros de autor), A árbore da cegueira cegueira (2002), Escura e transparente (tresCtres Editores, Santiago de Compostela, 2005), Monólogo do calígrafo (Edicións Bourel, Ribeira, 2007) e Palimpsesto (Sotelo Blanco, Santiago de Compostela, no prelo). O seu libro Palabras para un baleiro obtivo o premio Fiz Vergara Vilariño de Sarria e sairá publicado próximamente en Edicións Espiral Maior.
Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, actualmente traballa como profesor de Lingua e Literatura Española.
Fotos:
http://www.aelg.org/Centrodoc/GetPhotosByAuthor.do%3B?authorId=autor142
(centro de documentación da Asociación de Escritores en Lingua Galega)
Susana Sánchez Aríns
Gañadora da XXI edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé en 2008 coa obra [de]construçom. Poeta estradense, é Licenciada en Filoloxía Hispánica e exerce como profesora de Lingua e Literatura Española na Illa de Arousa.
Portada do libro gañador da XXI edición do premio: http://farm4.static.flickr.com/3397/3545566171_1927f450cf.jpg?v=0
Carme Bar Cendón
Nada en Vigo, Licenciada en Historia da Arte, foi profesora de Historia e, durante moitos anos, directora da Biblioteca de Narón.
Aviso legal | Accesibilidade | RSS
Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006