Fene cidadán

Saltar menú

BANDA DE GAITAS TRADICIONAL "AIRIÑOS DE FENE"

Xuntanza de Gaiteiros

25 de setembro de 2009

Mañá sábado, 26 de setembro, ás 20.00 h na S.C.R.D Agarimo de Sillobre nova edición da Xuntanza de Gaiteiros.

Xuntanza que nesta XXI edición  ten como eixe central  homenaxear os cantautores María Manuela e Xoán Rubia.

María Manuela naceu na Coruña no ano 1945 e criouse no barrio ferrolán de Recimil. É no ano 1974 cando edita o seu primeiro disco Cantigas o meu xeito, o cal seguíronlle moitos outros, dos que podemos destacar Idioma meu do ano 1977, Homenaxe a Celso Emilio do 1989 ou Barco na alba do 1991.

Xoán Rubia naceu en Mugardos e o seu primeiro disco, Edigsa, publicado en 1969, encadrouse no movemento do que se dou en chamar Nova Canción Galega. No disco de 1972 Cantares da miña terra, unha escolma de cantares populares, figuraba o tema Catro Vellos Mariñeiros que acadou moita sona chegando a número un nas listas de éxitos. Rubia foi o primeiro cantante da Nova Canción Galega que aparece na TVE e tamén o primeiro que pon música en Galicia aos poemas galegos de Federico García Lorca.

Na Xuntanza contarase coa participación dos propios homenaxeados así como de Mini Mero, Raparigos e a Banda de Gaitas Tradicional Airiños de Fene.


Ligazóns

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006

Fene Concello

Subvencionado por:
Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información