Fene cidadán

Saltar menú

CMI UNIDADE DE FENE

XXII edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé

7 de setembro de 2009

O Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene lembra que até o 30 de setembro está aberto o prazo de presentación de orixinais para a XXII edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé.

Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé

Convocatoria moi especial para o Círculo Mercantil xa que este ano celébrase o centenario do nacemento do poeta.

Poderán participar do premio aqueles autores e autoras que non teñan ningún libro de poesía publicado. Quen desexe facelo deberán enviar ao enderezo do Círculo Mercantil un libro de poemas en lingua galega. A extensión mínima aconsellada é de 300 versos.

Deberán enviarse tres copias encadernadas e baixo seudónimo.

As bases do premio atópanse publicadas no web do certame .

Unha vez rematado o prazo de presentación de orixinais, farase pública a composición do xurado.

O Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé foi creado, hai xa máis de vinte e un anos, polo Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene para homenaxear a quen fora un dos seus máis renomeados socios. Activo defensor da lingua galega, débeselle a este poeta fenés o feito de que fose nesta localidade onde se celebrase por primeira vez o Día das Letras Galegas en territorio galego, xa que esta celebración fora instituída anos antes na emigración e nunca se celebrara no noso país.

 Seguindo o seu espírito, dende hai catro anos, o premio de poesía que leva o nome de Parallé está dedicado a premiar un libro de autor inédito en lingua galega, coa finalidade de colaborar a promover a inclusión de novas voces no noso sistema literario.

Mario Regueira (con Tanxerina), Xiana Arias Rego (con Ortigas), Valentina Carro Padín (con Debaixo de Dziga Vertov hai unha buxaina) e Susana Sánchez Aríns (con (de)construçom) son os autores e libros gañadores do certame dende que posúe este novo formato.

O premio consiste na publicación do libro gañador na colección de poesía Espiral Maior que dirixe o poeta Miguel-Anxo Fernán Vello. Esta colección, de longa andaina, é a máis importante colección de poesía da historia da literatura galega.

A convocatoria do Premio é o resultado da colaboración entre o CMI Unidade de Fene, como entidade promotora, o Concello de Fene e a editorial Espiral Maior.


Ligazóns

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006

Fene Concello

Subvencionado por:
Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información