19 de novembro de 2008
A sociedade SCRD Agarimo celebra o seu 40 aniversario cun ciclo de teatro.

Colocación da primeira pedra no local da sociedade
Tal e como informan desde o seu propio microweb a SCRD Agarimo organiza un ciclo de teatro que se desenvolverá durante as fins de semana, desde o vindeiro sábado día 22 de novembro ata o 13 de decembro, por motivo do seu 40 aniversario.
Isto é, un total de 7 representacións teatrais para festexar os 40 anos desde que se celebrou a primeira xuntanza entre Juan José Galdo Fachal e algúns rapaces có fin de facer unha sociedade cultural, recreativa e deportiva en Sillobre.
Para consultar a programación prevista pola sociedade prema aquí.
Parabéns Agarimo!!.
Aviso legal | Accesibilidade | RSS
Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006