19 de novembro de 2008
A Asociación Micolóxica Viriato desenvolverá os días 20, 21 e 22 de novembro as xornadas micolóxicas fenesas.
Xornadas que contan coa colaboración da Concellería de Cultura e Ensino do Concello de Fene.
Tal e como informou o presidente da asociación o pasado luns en rolda de prensa, as xornadas fenesas de carácter gratuíto celebraránse o xoves 20 e o venres 21, de 17.00 h a 19.00 h no local da entidade ó carón da igrexa de Sillobre, e rematarán o sábado cunha saída ó campo.
Ademais, a asociación ten preparada unha degustación para domingo en Perlío coincidindo co feirón. Será na praza da Constitución ó redor da unha da tarde e ofreceránse pratos cociñados con cogomelos (garavanzos e paella ou fideuá, os dous con cogumelos). Viriato preparará racións para unhas 250 persoas, prezo aproxidamo 2/3 euros.
Para máis información consulte o web da asociación. Prema aquí .
Aviso legal | Accesibilidade | RSS
Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006